Tarxeta Universitaria

O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Banco Santander, que acredita ao alumno como membro da comunidade universitaria.

Ademais desta función, sérvelle ao estudante para funcións como o préstamo de libros, accesibilidade a material e emprazamentos non docentes, utilización de aulas de informática, acceso a instalacións deportivas da universidade, moedeiro electrónico ou descontos en comercios.

tarxeta-universitaria

Podes consultar toda a información sobre como obtela e as respostas ás preguntas máis frecuentes na seguinte ligazón: Máis información sobre a Tarxeta Universitaria