XV Xornada patentes e propiedade intelectual

Como se pode protexer unha invención? Que diferenzas existen entre unha patente, un modelo de utilidade, un deseño ou unha marca?

A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, coa colaboración de ABG Intellectual Property, organiza a XV Xornada de Patentes e Propiedade Intelectual, unha actividade dirixida a achegar ás persoas participantes os principais mecanismos de protección das creacións e innovacións tecnolóxicas.

Ao longo da sesión abordaranse os conceptos fundamentais da propiedade intelectual e industrial, con especial atención ás patentes, os seus requisitos e procedementos de solicitude. A xornada combinará explicacións teóricas con casos prácticos para facilitar a comprensión e aplicación destes coñecementos.

Data: luns, 23 de novembro de 2026.
Horario: de 10:30 a 13:30 h.
Lugar: Aula de Grao da Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus).
Acceso: libre ata completar aforo.

Programa da xornada

  • Propiedade intelectual e propiedade industrial.
  • Modos de protección da propiedade intelectual.
  • Modos de protección da propiedade industrial.
    • Patentes.
    • Modelos de utilidade.
    • Deseños.
    • Marcas.
  • Patentes.
    • Que é unha patente?
    • Estrutura dunha patente.
    • Requisitos de patentabilidade.
    • Procedemento administrativo.
    • Dereitos.
    • Modalidades de patentes.
  • Casos prácticos de patentes.
    • Estrutura.
    • Xogo de reivindicacións.
    • Determinación do estado da técnica.
    • Exercicio práctico.
  • Quenda de preguntas e resolución de dúbidas.

Relator

Fernando Prieto Morán
Fernando Prieto Morán

Axente Europeo de Patentes, con máis de 30 anos de experiencia en propiedade intelectual e industrial.

Socio responsable do Departamento de Enxeñaría de ABG IP.

IAM Global Leader 2027.

Agardámosvos!