Master`s Degree in Industry 4.0

Coordinación académica do Mestrado

Tel: (+34) 986 812 602 / 605 468 564

e-mail: masterindustria40@uvigo.es

Área de Posgrao

Tel: (+34) 986 818 627

e-mail: eei.master@uvigo.es

Trátase dunha titulación interuniversitaria na que participan a Universidade de León a través da Escola de Enxeñería Industrial, Informática e Aeroespacial e a Universidade de Vigo a través da Escola de Enxeñería Industrial.

O Mestrado Universitario en Industria 4.0 pretende aproveitar as sinerxias no coñecemento, a capacidade e a experiencia formativas das Universidades de Vigo e León para o desenvolvemento dunha nova titulación, orientada á formación de profesionais da enxeñería para a xestión do cambio, que poidan establecer follas de roteiro para a introdución nas empresas das denominadas “tecnoloxías facilitadoras” da Industria 4.0, tanto das máis relacionadas co ámbito meramente produtivo (Fabricación Aditiva, Robótica, PLM, etc.), como daquelas transversais para a industria conectada (Cloud computing, Big Data, IIOT, etc.), atendendo a criterios de eficiencia e boas prácticas. Dentro do ámbito da Enxeñería, o desafío que supón a transformación 4.0 esixe especificamente a capacitación dos titulados para converterse en catalizadores do cambio, auténticos emprendedores internos sintonizados coa información procedente do mercado de produtos, servizos e tecnoloxías para propoñer, desenvolver e avaliar a implantación de solucións tecnolóxicas aliñadas cos obxectivos estratéxicos da empresa, facilitando a contribución aos seus procesos de empresas externas especializadas en deseño e implantación das solucións máis adecuadas a cada caso.

O Mestrado en Industria 4.0 organízase cunha duración dun ano académico (60 ECTS), incluíndo as prácticas en empresa obrigatorias (6 ECTS) e o Traballo de Fin de Mestrado (6 ECTS), e está dirixido tanto a recentemente egresados de enxeñería como a profesionais con experiencia previa neste ámbito. A oferta de prazas realizarase por igual en ambas as sedes, 15 estudantes en cada unha, un total de 30.

A docencia desenvolverase conxuntamente entre a Universidade de Vigo e a de León, sendo simultánea para cada sede, asegurando a interacción por parte do alumnado cos profesorado. A docencia está prevista que se desenvolva en sesións de xoves e venres tarde, e sábados pola mañá, tratando de ofrecer compatibilidade con posibles ocupacións laborais dos alumnos.