Secretaría do Mestrado
e-mail: master.mecatronica@uvigo.es
http://mecatronica.uvigo.es
A Mecatrónica é unha rama da enxeñaría que se caracteriza por “a integración sinérgica da enxeñaría mecánica coa electrónica e o control intelixente por computador no deseño e fabricación de equipos e procesos industriais”.
Mecatrónica debe considerarse sinónimo de integración: a fusión de mecánica, electrónica, control e computadores -por citar as disciplinas máis relevantes- só pode alcanzar a funcionalidade desexada a través dun proceso de integración sistémica de todas elas.
Baixo este paraugas xeral identificanse 10 descriptores específicos:
- Modelado e deseño
- Integración de sistemas
- Sensores e actuadores
- Control intelixente
- Robótica
- Control do movemento
- Control de ruído e vibracións
- Microsistemas e sistemas opto-electrónicos
- Sistemas para o automóbil
- Sistemas de fabricación
Destinatarios
O Máster está dirixido a alumnos con formación no ámbito da Enxeñaría Industrial, interesados en profundar, actualizar e completar o seu coñecemento con obxecto de formarse como profesionais capacitados para abordar o deseño integral de maquinaria automatizada e sistemas e equipos “intelixentes”.
O perfil de ingreso recomendado é:
- Enxeñerios Industriais (todas as orientacións)
- Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial
- Enxeñeiro Técnico Industrial
- Graos do ámbito da enxeñería industrial
Poderán tamén ser admitidos no mestrado candidatos doutras titulacións relacionadas si, a criterio da comisión académica do mestrado, acreditar posuir coñecementos e competencias equivalentes a algunha das anteriores titulacións nos ámbitos de coñecemento: automática, mecánica, electrónica e informática así como osfundamentos físicos (electricidade e mecánica) e fundamentos matemáticos.