Secretaría do Mestrado
Tel: (+34) 986 814 066
e-mail: masterautom@uvigo.es
http://webs.uvigo.es/masterautom/
Este Mestrado oficial é unha iniciativa organizada conxuntamente pola Universidade de Vigo, o Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Grupo PSA Vigo.
O sector de automoción é un dos principais motores da economía. Galicia é unha das primeiras rexións españolas e europeas en canto a actividade neste sector. Na área Metropolitana de Vigo coexisten un importante centro produtivo, un Centro Tecnolóxico e o Clúster de Empresas de Automoción, ademais dunha gran variedade de empresas de compoñentes e sistemas con importantes capacidades de investigación, desenvolvemento, innovación e industrialización. Pola súa extraordinaria complexidade e alta competitividade, xunto cun elevado ritmo de cambio tecnolóxico, este sector precisa de profesionais cunha formación multidisciplinar e de alto nivel. Con este Mestrado respóndese a esa necesidade.
Obxetivos
O Mestrado en Enxeñería da Automoción, ten un dobre obxectivo:
- Formar a recentemente titulados “como canteira” para dotar ao sector de Automoción de Galicia de novos especialistas nas áreas de Procesos e Tecnoloxías.
- Elevar as competencias nas citadas áreas dos profesionais das empresas con experiencia no sector de automoción, facilitando a actualización de coñecementos e o intercambio de experiencias.