Os vindeiros días 22 e 23 de setembro, como parte do Plan de Acción Titorial da EEI, celebraremos sendas reunións informativas sobre o programa Erasmus-internships (Erasmus-prácticas) dado que o segundo plazo de solicitudes abrirá desde o día 1/10/2021 ao día 15/11/2021.
As estadías, dun mínimo de 2 meses de duración, poderán realizarse entre o 15/01/2022 e o 31/08/2022.
Os temas que se abordarán en cada sesión serán:
- Posibilidades do programa para preparación de TFG/TFM, prácticas extracurriculares, prácticas curriculares, prácticas curriculares+TFG
- Instruccións para a cumplimentación da carta de preaceptación da institución receptora
- Revisión da información publicada na web da Escola sobre destinos en universidades, centros de investigación e empresa
- Turno de preguntas
Cada sesión presencial poderá seguirse tamén en liña a través do Campus Remoto.
- Sesión 1: Mércores 22 de setembro, 14:30 h, Audiovisuais da sede Cidade.
Aula no Campus Remoto:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3133553857
Contrasinal de estudante: 6NpdzkKg - Sesión 2: Xoves 23 de setembro, 14:00 h, aula 14 da sede Campus
Aula no Campus Remoto:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3120773827
Contrasinal de estudante: R8PDt4Mx