Eleccións dos membros da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación da EEI (2025)

Xunta Electoral

Segundo o resultado do sorteo celebrado o venres 4 de outubro de 2024

  1. O director: José Fariña Rodríguez.
  2. O secretario: Pablo Izquierdo Belmonte.
  3. Por sectores:
    • Persoal docente e investigador:
      • Titular: María Remedios Yáñez Díaz.
      • Suplente 1: José Carlos López Vázquez.
      • Suplente 2: Juan José Rodríguez Andina.
    • Persoal de administración e servizos:
      • Titular: Alicia Costa González.
      • Suplente 1: Ana Belén García Alonso.
      • Suplente 2: Julia Mencía Castro.
    • Estudantes:
      • Titular: Carlos Rodríguez López.
      • Suplente 1: Alba Guzmán Falcón.
      • Suplente 2: María Prieto Iglesias.

Composición da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación

Os representantes do sector PDI, sector alumnado e sector PTXAS serán elixidos por votación en Xunta de Escola, e entre os seus membros, segundo a normativa en vigor.

Segundo a normativa da EEI e da Universidade de Vigo, a composición da Comisión Permanente da EEI será a seguinte:
27 membros:

  • Director que a presidirá.
  • Secretario da Escola que o será tamén da propia Comisión Permanente.
  • 3 subdirectores designados polo Director segundo os temas a tratar.
  • 15 representantes do persoal docente e investigador, dos cales polo menos 12 serán profesores con vinculación permanente á Universidade.
  • 5 representantes do alumnado.
  • 2 representantes do persoal de administración e servizos.

Segundo a normativa da EEI e da Universidade de Vigo, a composición da Xunta de Titulación da EEI será a seguinte:
31 membros:

  • Director que a presidirá.
  • Secretario da Escola que o será tamén da propia Xunta de Titulación.
  • 2 subdirectores designados polo Director segundo os temas a tratar.
  • 15 representantes do persoal docente e investigador, dos cales polo menos 12 serán profesores con vinculación permanente á Universidade.
  • 9 representantes do alumnado.
  • 3 representantes do persoal de administración e servizos.

Calendario Electoral

A Xunta Electoral da EEI aprobou, na súa sesión do día 13 de maio de 2025, o seguinte calendario electoral:

  • 2 de xuño de 2025:
    • Publicación dos censos provisionais.
  • 3 -9 de xuño de 2025:
    • Prazo de reclamacións aos censos provisionais.
  • 16 de xuño de 2025:
    • Publicación dos censos definitivos.
  • 17 – 23 de xuño de 2025:
    • Prazo presentación de candidaturas.
  • 30 de xuño de 2025:
    • Proclamación provisional de candidaturas.
  • 01 – 07 de xullo de 2025:
    • Prazo de reclamación ás candidaturas provisionais.
  • 14 de xullo de 2025:
    • Proclamación definitiva de candidaturas.
  • 18 de xullo de 2025
    • Votacións (Xunta de Escola).

As reclamacións debidamente argumentadas, e a presentación de candidaturas poderase realizar de calquera das seguintes formas:

      • Na Área de Apoio a Centro e Departamentos ou no Negociado de Asuntos Xerais de calquera das dúas sedes, de 9:00 a 14:00 horas.
      • Por rexistro electrónico da Universidade de Vigo, presencial ou telematicamente.
      • Por correo electrónico a eei.asuntosxerais@uvigo.gal con copia a eei.secretario@uvigo.gal.

As publicacións relativas ás eleccións da EEI faranse nesta páxina e nos taboleiros electorais do Centro.

Censos provisionais

Censos definitivos

Candidaturas

Resultado definitivo das eleccións

Dado que o número de candidaturas definitivas é menor ao número de postos en ambas comisións para os distintos sectores, a Xunta Electoral dará por concluído o proceso electoral co nomeamento dos candidatos como membros electos a data de 18 de xullo, sen necesidade de votación en Xunta de Centro.