Eleccións á Xunta de Escola 2026

Sorteo da Xunta Electoral

O xoves 29 de outubro de 2026, previa difusión pública a través das listaxes de distribución da EEI, na Sala de Audiovisuais da Sede Campus, procedeuse ao sorteo público da Xunta Electoral da EEI.

Segundo normativa/regulamento electoral da UVigo, a Xunta Electoral está composta por:

1) O Decano ou decana ou persoa que exerza a dirección do centro, que a preside.

2) O Secretario ou secretaría do centro, que actúa como secretario ou secretaria da mesma.

3) Unha persoa pertencente ao persoal docente e investigador, outra ao persoal de administración e servizos e outra ao sector de estudantes, designadas por sorteo público, así como as súas persoas suplentes.

Xunta Electoral

  • Consultar listaxes de correo da EEI.

Calendario Electoral

A Xunta Electoral da EEI aprobou, na súa sesión do día 03 de novembro de 2026, o seguinte calendario electoral para as eleccións a membros da Xunta de Escola da EEI:

  • 6 de novembro de 2026:
    • Publicación dos censos provisionais.
  • 9 de novembrro – 12 de novembro de 2026:
    • Prazo de reclamacións aos censos provisionais.
  • 16 de novembro de 2026:
    • Publicación dos censos definitivos
  • 17 – 20 de novembro de 2026:
    • Prazo presentación de candidaturas.
  • 24 de novembro de 2026:
    • Proclamación provisional de candidaturas.
  • 25 – 27 de novembro de 2026:
    • Prazo de reclamación ás candidaturas provisionais.
  • 30 de novembro de 2026:
    • Proclamación definitiva de candidaturas.
  • 01 – 04 de decembro de 2026:
    • Campaña Electoral.
  • 07 de decembro de 2026
    • Xornada de reflexión.
  • 09 de decembro de 2026:
    • Votacións.
  • 10 de decembro de 2026:
    • Publicación dos resultados provisionais.
  • 11 – 15 de decembro de 2026:
    • Prazo de reclamacións aos resultados provisionais.
  • 16 de decembro de 2026:
    • Proclamación definitiva de resultados.

As reclamacións debidamente argumentadas e a presentación de candidaturas poderanse realizar de calquera das seguintes formas:

      • Na Área de Apoio a Centro e Departamentos ou no Negociado de Asuntos Xerais de calquera das dúas sedes, de 9:00 a 14:00 horas.
      • Por rexistro electrónico da Universidade de Vigo, presencial ou telematicamente.
      • Por correo electrónico a eei.asuntosxerais@uvigo.gal con copia a eei.secretario@uvigo.gal.

As publicacións relativas ás eleccións da EEI faranse nesta páxina e nos taboleiros electorais do Centro.

Censos provisionais

Aquelas persoas que poidan pertencer a dous censos (PDI B/estudantes de terceiro ciclo) poden optar por un deles dentro dos prazos establecidos para a reclamación dos censos provisionais. No caso de non facelo prevalecerá o censo provisional

Censos definitivos

  • Profesores sector A
  • Profesores sector B
  • Alumnado sector C
  • PAS sector D

Candidaturas

  • Sector A
    • 143 (Todo o profesorado con vinculación permanente e docencia maioritaria no Centro, que constituirá o 51% da Xunta de Centro).
  • Sector B
    • 28 (Representación do persoal docente e investigador sen vinculación permanente, que corresponde ao 10% da Xunta de Centro, dos cales, polo menos o 80% terán dedicación a tempo completo).
      • A tempo completo: >22.
  • Sector C
    • 81 (Representación dos estudantes, que corresponde ao 29% da Xunta de Centro, dos cales 1/6 será de terceiro ciclo).
      • 67 de 1º-2º ciclo.
      • 14 de 3º ciclo.
  • Sector D
    • 28 (Representación do persoal de administración e servizos, que corresponde a un 10% da Xunta de Centro).
  • Total 280 membros da Xunta de Escola.

Formulario candidaturas