Renuncia á avaliación continua: resolución provisional

Está publicada a resolución provisional da Renuncia á Avaliación Continua do primeiro cuadrimestre do curso 2020/21, dispoñible na seguinte ligazón: resolución provisional.

No propio documento indícase que están admitidas provisionalmente todas as solicitudes indicadas na táboa, supeditado a que o alumnado presente documentación xustificativa adicional no caso de que se lles solicite.

Para aportar devandita documentación, subsanar calquera errata ou aclarar calquera aspecto sobre o procedemento, escribir un email a eei.secretario@uvigo.es.

O prazo de revisión das solicitudes esténdese durante 10 días dende a data de publicación

Agradecémosvos que, no caso de resolución favorable, revisedes que estean correctamente indicadas todas as materias para as que solicitastes a renuncia.