Renuncia á avaliación continua 2021/22

Xa está publicada a resolución provisional da renuncia á avaliación continua do segundo cuadrimestre do curso 2021/22.

O período de reclamación é de 5 días dende a data de publicación desta resolución provisional, enviando un email a eei.secretario@uvigo.es, indicando nome completo e DNI, titulación e motivación da reclamación, incluíndo de ser o caso, as materias das que quere renunciar ou modificar a renuncia.

Pasado este prazo, publicarase a resolución definitiva da renuncia á avaliación continua.

De non facer a solicitude/reclamación no prazo establecido ou de ter realizado xa algunha proba de avaliación continua, non se garantirá o paso á modalidade de renuncia a avaliación continua e cada caso será analizado polo Centro e polos coordinadores das materias.