Programa de estadías “alén do Miño” 2025-26

Está publicada a convocatoria da bolsa prácticas «Alén do Miño» para a realización de prácticas externas (curriculares ou extracurriculares) nalgunha entidade con sede en Portugal.

Está dirixida a estudantes de titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario que estean matriculados na UVigo no curso 2025/2026 durante todo o periodo de duración da bolsa.

O alumnado de grao deberá ter superados o 50% dos créditos da titulación ata o curso 2024/2025.

O periodo de prácticas terá unha duración máxima de 3 meses e poderá realizarse ata o 30 de outubro de 2026. No caso de estudantes que finalicen os seus estudos no curso 2025/2026, as prácticas deberán rematar antes da presentación da solicitude de título e en todo caso antes do 31 de agosto de 2026

📅 Data límite de solicitudes: 18 de xuño de 2026.

Leave a Reply