Prácticas internacionais – Proxecto ICEX Vives

O proxecto ICEX Vives oferta prácticas en empresas españolas no estranxeiro. Está previsto que se oferten da orde de 2000 prácticas remuneradas.

As prácticas terán unha duración de entre 6 meses e 12 meses (prorrogables ata un máximo de 12 meses adicionais) e deberán estar finalizadas antes do 31 de decembro de 2024.

Este proxecto vai destinado a:

  • Mozos de entre 18 e 30 anos.
  • De nacionalidade española ou da UE.
  • Con titulación universitaria de grao ou FP de grao medio ou superior.

Nas seguintes ligazóns podes consultar a páxina web do programa e as preguntas frecuentes.