O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) lanza unha nova convocatoria para as Distincións de Traballos Fin de Mestrado presentados neste ano 2025.
O ICOIIG desexa estimular desta forma o traballo dos futuros Mestrados en Enxeñería Industrial, a través do recoñecemento dos proxectos levados a cabo nos seus Traballos Fin de Mestrado.
Poderán participar os/as titulados/as no Mestrado en Enxeñería Industrial de Escolas de Enxeñería Industrial de Galicia, que aprobasen o seu TFM no ano 2025.
A temática do traballo deberá estar directamente relacionada con algunha das diversas actividades profesionais que forman parte da enxeñería industrial (mecánica, construción, electricidade, electrónica, automática, enerxía, fabricación ou organización industrial, entre outras).
O prazo de presentación da documentación finaliza ás 14:00 horas do día 31 de outubro do presente ano.
Na seguinte ligazón figuran as bases de participación, o formulario e toda a información relativa a esta convocatoria: Distincións Traballos Fin Mestrado – Convocatoria 2025
Non deixes pasar esta oportunidade para pór en valor o papel da Enxeñería Industrial e dar a coñecer os proxectos que se levan a cabo!




