Actos delegación alumnado celebración patrón EEI

Con motivo da celebración do Patrón da EEI, desde a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) están a organizarse diversas actividades. Terán lugar entre os días 12 a 18 de marzo.

Entre outras actividades, o alumnado poderá participar nun obradoiro de e-tecidos (necesaria inscrición no seguinte formulario) e asistir a varias charlas, que se impartirán de forma telemática.

Pódese consultar todo o programa na seguinte ligazón.

Como novidade, este ano colaborarase co Banco de Alimentos de Vigo coa fin de recadar alimentos non perecedoiros que despois serán doados.