Acto celebración patrón EEI 2023

O próximo xoves 16 de marzo terá lugar o acto académico de celebración do patrón da Escola de Enxeñería Industrial, no Paraninfo da Sede Cidade, a partir das 12:00 horas (prégase estar ás 11:30 horas para facer a recepción.)

Dende a dirección da Escola, queremos convidarvos a participar neste acto, cuxo programa podes consultar na seguinte ligazón: https://eei.uvigo.es/gl/escola/comunicacion/axenda/?event_id1=23657

Ao finalizar este acto, celebrarase un xantar no Hotel Talaso Atlántico para o que haberá un servizo de autobús con paradas nas dúas sedes da Escola (Ida: Sede Cidade – Sede Campus – Talaso. Volta: Talaso – Sede Campus – Sede Cidade).

Para asistir é necesario rexistrarse antes do 13 de marzo ás 14:00 horas a través do QR ou na ligazón:

https://forms.gle/uoVkxHPfTjXNcdNZ8