Sesións informativas de presentación dos resultados e proposta do grupo de traballo.
Terán lugar o martes 11 de xullo, unha en cada sede, para facilitar a participación. O horario será o seguinte:
9:30 – 11:30 horas. Paraninfo Sede Cidade
12:00 – 14:00 horas. Salón de actos da Sede Campus.
A Escola de Enxeñería Industrial iniciou hai uns meses un proceso de “Reflexión estratéxica” co obxecto de identificar os principais retos e tendencias que debe afrontar de cara ao futuro.
Tras as primeiras fases de análise de información recollida, queremos compartir contigo a reflexión e a proposta realizada polo grupo de traballo para que, entre todas as persoas, poidamos enriquecela.
A túa participación é moi importante neste proceso polo que animámosche a participar nesta sesión informativa e a facernos chegar as túas achegas a través do seguinte enderezo de correo eei.planificacion@uvigo.gal, co obxecto de entre todos poder establecer as liñas mestras de cara ao mellor posicionamento estratéxico da nosa Escola, convertíndoa nunha Escola de referencia e prestixio a nivel nacional e internacional.