3, 4 e 5 de marzo de xeito virtual.
Trátase dun evento xa consolidado no calendario académico que foi creado no ano 2001 polas Delegacións de estudantes das tres Escolas do campus de Vigo para achegar o mundo laboral aos alumnos das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade.
Durante o evento celebraranse conferencias de carácter técnico con temáticas escollidas polo alumnado e workshops que permiten unha maior interacción coas empresas, que levarán a cabo procesos de selección ou dinámicas de grupo entre outras actividades.
Un dos maiores atractivos será o pavillón virtual onde as empresas participantes, con diferentes perfís, ubicarán os seus stands durante os tres días que dura o Foro para aconsellar aos que se acheguen a eles, informarlles sobre as actividades da súa empresa e o que buscan no estudantado recén graduado de cara a unha futura incorporación, así como para recoller currículos.
Non perdas a oportunidade de achegarte ao XXI Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.
Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.