6ª Edición do Concurso de Robots da Escola de Enxeñería Industrial

Volta a competición de robots da EEI!!

 

Tras uns anos de parón, a Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a 6ª edición da Competición de Robots.

O prazo para realizar a inscrición na competición comeza o martes 10 de xaneiro e rematará o día 30 de xaneiro de 2023 ás 14:00 horas. Podes realizala dende esta ligazón: Inscrición 6ª competición robots. O pago das taxas deberás facelo na plataforma de bubela. De non poder realizarse o pago con tarxeta bancaria, poderase efectuar a liquidación das taxas presencialmente nunha oficina de Abanca a través do seguinte formulario e indicando o código CREEI06 para realizar a operación.Consulta o procedemento de inscrición e pago para máis información.

A competición será o 21 de abril de 2023 a partires das 10:30 horas nas instalacións da Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus (Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo).

Ao igual que nas edicións anteriores, nesta competición existen dúas categorías:

  • BE ROBOT: dirixida aos alumnos de ESO e Bacharelato
  • DeMO ROBOT: para alumnos de Formación Profesional, titulacións universitarias e outros interesados en xeral.

Non deixes pasar o prazo! Esperámoste!

Web 6 Competición Robots