O 1 de xullo abrése o primeiro prazo para realizar a preinscrición para o curso 2024/25 no Mestrado en Enxeñería Industrial, Enxeñería Biomédica e Fabricación Aditiva. Estará aberto ata o 7 de xullo.
As listaxes provisorias de admitidos e excluídos publicaranse o 18 de xullo segundo o calendario de preinscrición e matrícula.
O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, unha profesión apaixonante, cun longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena.
Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, completando unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios, atendendo ás necesiades do munco actual.
O Mestrado en Fabricación Aditiva é un título conxunto presencial desenvolvido polas Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, incluído na Guía Galicia 2030 “Perfís Profesionais de Futuro e Novas Titulacións e Especialidades”, para dar resposta aos novos perfís profesionais.
A oferta de mestrados da EEI son unha opción competitiva, segura e prestixiosa, con titulacións deseñadas para estar na vangarda da enxeñería e colocarte nunha posición inmellorable para un desenvolvemento profesional de éxito.
Ademais, as nosas titulacións contan co recoñecemento e o apoio de axentes e actores chave da nosa contorna que recoñecen á EEI coma xeradora dun coñecemento esencial e innovador para un desenvolvemento sostible da nosa sociedade.
Elixas o que elixas, unha opción segura! Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!