A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo integra as antigas Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, e adícase á ensinanza no ámbito da Enxeñería Industrial a través dunha oferta educativa versátil e actual dos seus diferentes graos, mestrados e programas de doutoramento.
A estrutura da rama da Enxeñería Industrial anterior a Bolonia, estaba formada polas titulacións de Enxeñeiro Técnico Industrial e de Enxeñeiro Industrial. Os títulos de Enxeñería Técnica Industrial eran titulacións de tres cursos máis o Proxecto Fin de Carrara, nas cales procurábase a formación dun técnico plenamente competente nalgunha das ramas de coñecemento (Automática e Electrónica, Mecánica, Electricidade ou Química Industrial). Pola súa banda, a Enxeñería Industrial estaba formada por 5 cursos máis Proxecto Fin de Carreira, na que tras un primeiro ciclo de formación científico-técnica básica se pasaba a un segundo ciclo de especialidade, cuxo obxectivo era formar técnicos competentes en todas as ramas da Enxeñería e con capacidade para a innovación, desenvolvemento de novos produtos e investigación.
Coa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, realízase unha revisión completa da estrutura de todas as titulacións chegándose a un deseño único a nivel europeo formado por un Grao (240 créditos ECTS) e un Mestrado (de 60 a 120 créditos ECTS). Con esta nova estrutura, o Grao é unha titulación de 4 cursos (con Traballo Fin de Grao incluído) mediante a cal se forma a un profesional competente na súa rama de coñecemento e, no caso das ramas citadas anteriormente, coas atribucións profesionais de Enxeñeiro Técnico Industrial. Todos os graduados dentro da rama dan Enxeñería Industrial teñen ademais posibilidade de acceso ao Mestrado de Enxeñería Industrial mediante o cal se completará a súa formación, obtendo as plenas atribucións profesionais en todas as ramas (equivalente ao Enxeñeiro Industrial).
Estudos oficiais de grao da EEI (240 créditos ECTS)
Dobres Graos
- Dobre Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Enxeñería Mecánica (342 créditos ECTS)
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática (330 créditos ECTS)
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería Mecánica (327 créditos ECTS)
PARS (Programas Académicos con Percorridos Sucesivos) (360 créditos ECTS)
Mestrados Académicos (120 créditos ECTS)
Mestrados Galicia 2030
- Mestrado en Fabricación Aditiva (60 créditos ECTS)
- Mestrado en Vehículos Autónomos (90 créditos ECTS)
Mestrados especialistas (60 créditos ECTS)
A oferta educativa actual complétase con diferentes mestrados profesionalizantes interrelacionados co sector empresarial de Galicia:
Programas de doutoramento
A fase de investigación realízase a través dos programas de doutoramento, todos eles distinguidos coa “Mención hacia la Excelencia” polo Ministerio de Educación:




