Contacto
Área académica
David Monroy Soage
Tel: (+34) 986 818 627
e-mail: eei.master@uvigo.gal
Coordinador
David Álvarez González
e-mail: eei.posgrado@uvigo.gal
Descrición do título
Segundo o artigo 16.1 do Real Decreto 822/201, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarios oficiais e o procedemento de garantía da calidade, “A docencia que se imparte nos mestrados ten por obxecto que o alumnado dispoña dunha formación avanzada, especializada ou multidisciplinar, orientada á formación académica ou especialización profesional, ou na promoción dunha iniciación ao labor investigador”.
Determinadas profesións reguladas necesitan un nivel de estudos maior e así, para poder exercelas, requírese cursar un mestrado universitario habilitante. O Mestrado en Enxeñería Industrial é un Mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009 do 9 de febreiro de 2009 e publicada no BOE nº 42 de 18/02/2009.
A Comisión de Acreditación de Enxeñería (EAC) de ABET avaliou o programa de Mestrado de Enxeñería Industrial da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo para a súa acreditación inicial. Coma resultado desta avaliación, o Programa Educativo de Mestrado en Enxeñería Industrial está acreditado pola Comisión de Acreditación de Enxeñería (EAC) de ABET, https://www.abet.org, baixo os Criterios Xerais e os Criterios para Programas de Enxeñería Industrial.
O Mestrado habilitante da Escola de Enxeñería Industrial foi deseñado a partir dun determinado grao de referencia, o Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e xuntos (grao + mestrado) configuran un programa integrado de estudos.
Consta dun total de 120 ECTS, repartidos en 5 módulos e un Traballo Fin de Mestrado:
- Módulo Obrigatorio (6 ECTS)
- Módulo de Tecnoloxías Industriais (30 ECTS)
- Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións (15 ECTS)
- Módulo de Xestión (15 ECTS)
- Módulo de Adaptación / Módulo de Orientación (30 ECTS)
- Traballo Fin de Mestrado (24 ECTS)
Obxectivos
Estes están contidos no Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, e no Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, e a Orde CIN 311/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten aos seus titulares para o exercicio da profesión de enxeñeiro industrial en España:
- https://www.boe.es/eli/es/rd/2021/09/28/822/con
- https://www.boe.es/eli/es/rd/2007/10/29/1393/con
- https://www.boe.es/eli/es/o/2009/02/09/cin311
Para obter o título, o estudante debe amosar os seguintes resultados de aprendizaxe.
- Ter coñecementos adecuados dos aspectos científicos e tecnolóxicos de: métodos matemáticos, analíticos e numéricos na enxeñería, enxeñería eléctrica, enxeñería enerxética, enxeñería química, enxeñería mecánica, mecánica de medios continuos, electrónica industrial, automática, fabricación, materiais, métodos cuantitativos de xestión, informática industrial, urbanismo, infraestruturas etc.
- Proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
- Dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
- Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
- Realizar a planificación estratéxica e aplicala a sistemas tanto construtivos como de produción, de calidade e de xestión ambiental.
- Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
- Poder exercer funcións de dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos I+D+i en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
- Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Saber comunicar as conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo autodirigido ou autónomo.
- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial.
Competencias da titulación
O Mestrado en Enxeñería Industrial está especificamente deseñado para preparar a enxeñeiros industriais, dotándoos dunha serie de competencias adecuadas ás esixencias da profesión que van desempeñar e para a que habilita o título.
Os estudantes deben adquirir estas competencias que son necesarias para outorgar o título.
Pódense consultar neste apartado: Competencias MEI.
Perfil de acceso
As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:
- Grupo 1: Titulados do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da EEI
- Grupo 2: Titulados dos restantes Graos do ámbito industrial da EEI
- Grupo 3: Outros titulados
Dentro de cada un dos grupos, os alumnos ordenaranse acorde coa fórmula seguinte:
[nota media expediente alumno/nota media do seu grao]
Requisitos de acceso:
- Todos os alumnos deberán acreditar un nivel de inglés B1 ou equivalente para ser admitidos no Mestrado.