Grao en Enxeñería Biomédica

240 Créditos
4 Cursos
50 Plazas

 

A Enxeñería Biomédica é unha nova rama da enxeñería que se centra na aplicación dos principios, técnicas e métodos da enxeñería ao campo da medicina. Trátase por tanto, dunha titulación interdisciplinaria relativamente nova na que as técnicas da enxeñería industrial (enxeñería mecánica, enxeñería electrónica e automática, enxeñería química, enxeñería de organización,...) da enxeñería informática e da enxeñería de telecomunicacións aplícanse para o análise e resolución de problemas relacionados coa medicina do século XXI.

O Grao en Enxeñería Biomédica proporciona unha formación xeral en todos estes temas e permite, ademais, unha intensificación a partir do segundo cuadrimestre de terceiro curso e cuarto curso, onde se deberá escoller obrigatoriamente entre unha das dúas intensificacións:

  • BIOTECH (BT): Electrónica, tratamento de información hospitalaria, control e sinais en biomedicina
  • BIOMMEC (BM): Implantoloxía, biomecánica, biomateriais e equipamento

 

Perfil de ingreso recomendado:

O perfil de ingreso no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno ou aluma que superara o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes cualidades dentro do alumnado:

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferiblemente inglés)
  • Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en equipo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita

 

Saídas profesionais:

  • Fabricación, comercialización e avaliación de dispositivos médicos e de equipos (para a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación), materiais especiais, dispositivos implantables, próteses e sistemas robóticos para aplicacións biomédicas
  • Estratexias relacionadas coa aplicación e posta en servizo de material e sistemas biomédicos
  • Servizos de enxeñería clínica en centros sanitarios públicos e privados, no mundo do deporte e do ocio
  • Telemedicina e aplicacións telemáticas no diagnóstico e tratamento de enfermidades
  • Informática médica, como os programas informáticos e os sistemas de información sanitaria para o tratamento de datos biomédicos e bioimaxinográficos
  • Biotecnoloxía e enxeñería celular
  • Industria farmacéutica e a industria alimentaria, coa finalidade de analizar e cuantificar a interacción entre medicamentos / sustancias e parámetros biolóxicos
  • Industria de fabricación en xeral: ergonomía de produtos e procesos e impacto das tecnoloxías na saúde humana