A Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior (ACLES) mantén unha táboa de certificados recoñecidos como un servicio ás universidades para facilitar o recoñecemento da competencia lingüística dos seus membros e velar pola equidade e calidade das probas de dominio recoñecidas.
Notas a ter en conta:
- Acles só considera válidos os exames feitos de maneira presencial.
- Para o recoñecemento de ACLES, os exames deben avaliar as catro destrezas.
- Para aqueles certificados que reflexan o nivel concreto de cada destreza, recoñécese como nivel do certificado o mínimo obtido en calquera das destrezas, con independencia do nivel global que figure no documento.
- Exames multinivel: Recoñecerase o nivel máis baixo obtido nas destrezas.
Podes acceder á táboa máis actualizada de certificados recoñecidos por ACLES na seguinte ligazón: https://www.acles.es/index.php/acreditaciones/216-tablas-de-certificados-reconocidos-por-acles.




