Programa SICUE

A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española. Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un semestre ou un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica Valencia, Universidade Politécnica de Cataluña, Sevilla, Zaragoza ou Málaga, entre outras. A Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias nas seguintes universidades: Listado Centros SICUE Documentos e enlaces Máis información sobre o Programa SICUE

Continuar lendo

Estudantes de mobilidade ao Estranxeiro

Os destinos dos estudantes de mobilidade ao estranxeiro son moi diversos, tanto a distintos países europeos coma asiáticos, americanos ou a Australia. Para solicitar a mobilidade, o alumno deberá solicitar o programa (ver programas de mobilidade) e, unha vez elixido coma alumno de mobilidade, habilitaráselle un contrato de estudos (Learning Agreement) na secretaría virtual que deberá cubrir e que despois será aceptado pola subdirección de exteriores. Para iso, o alumno debe levar o seu expediente académico (que non é preciso que sexa oficial) no que se mostre un resumo co número de créditos superados e pendentes. Así, a subdirectora de …

Continuar lendo

Programa Erasmus-Estudos

O programa Erasmus-Estudos permite que os alumnos da EEI poidan cursar unha parte dos seus estudos noutras universidades europeas coas que a Universidade de Vigo asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes. Os alumnos de último curso da súa titulación poden optar a esta bolsa para cursar un semestre da súa especialidade en mobilidade. Estes alumnos deben facer a solicitude o ano anterior a aquel en que se levará a cabo a mobilidade. Para os estudantes de Grao a mobilidade Erasmus-Estudos realizarase preferentemente no segundo cuadrimestre de 4º curso. Para os estudantes do Mestrado de Enxeñería Industrial que cursan unha …

Continuar lendo

Programas de mobilidade

Programas para Estudantes Os alumnos das titulacións ofertadas na Escola de Enxeñería Industrial poden cursar parte dos seus estudos tanto en Universidades estranxeiras como en Universidades españolas.   Programas de Mobilidade Nacional Programa SICUE   Programas de Mobilidade Internacional Erasmus – Estudos Libre Mobilidade ISEP Bolsas Propias GE4 Bolsas Banco Santander Erasmus Prácticas Programa Vulcanus    Programas para Titulados Brainport traineeships – Eindhoven Programa SaarIng Rolls Royce Graduate Program   Programas para Docentes e Investigadores O persoal docente da Universidade de Vigo ten ao seu dispor unha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade. Programas …

Continuar lendo

Libre Mobilidade

A libre mobilidade é unha estadía académica temporal nunha institución de educación superior estranxeira para efectuaren estudos relacionados cunha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen o requisito da concesión dunha praza de mobilidade ao abeiro dos programas, acordos ou convenios subscritos pola Universidade de Vigo. Para solicitar o estatus de estudante de libre mobilidade, o alumno deberá cumprir os seguintes requisitos: Estar matriculado na Universidade de Vigo en estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento no momento da solicitude e durante a realización da estadía No caso de ser estudante de grao, ter polo menos 60 créditos ECTS superados …

Continuar lendo

Estudantes de mobilidade en España

Os alumnos de Grao da EEI poden realizar unha estadía noutras universidades españolas ao abeiro do programa SICUE. Tras o proceso de selección, a cada alumno que lle sexa asignada unha praza habilitaráselle un cordo académico na súa Secretaría Virtual. O alumno deberá cubrir este documento, que deberá ser aprobado pola Subdirección de Exteriores da Escola. Unha vez aceptado, este documento deberá imprimirse por triplicado e ser asinado polo alumno, a Subdirectora de Exteriores e o Director da Escola.   Listado de Centros SICUE  

Continuar lendo

Docencia en inglés

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo ofrece un programa de docencia en inglés. Docencia en inglés para o curso 2024/2025 Docencia en inglés para o curso 2023/2024 Docencia en inglés para o curso 2022/2023 Docencia en inglés para o curso 2021/2022 Docencia en inglés para o curso 2021/2022 Docencia en inglés para o curso 2020/2021 Docencia en inglés para o curso 2019/2020 Docencia en inglés para o curso 2018/2019 Docencia en inglés para o curso 2017/2018 Docencia en inglés para o curso 2016/2017 Docencia en inglés para o curso 2015/2016 Os créditos de teoría e, como mínimo, …

Continuar lendo

Convocatorias

Convocatorias abertas Erasmus prácticas – curso 2024/25 Prácticas internacionais – Proxecto ICEX Vives Convocatorias pechadas Mobilidade de estudos/investigación Convocatoria prazas intercambio no marco do GE4 curso 2024/25 – 2º cuadrimestre Convocatoria prazas SICUE – curso 2024/25 Estadías de investigación no verán (alumnado Grao en Enxeñería Biomédica) Convocatoria prazas intercambio no marco do GE4 curso 2024/25 – 1º cuadrimestre Erasmus-Estudos – curso 2024/25 Convocatoria prazas de intercambio con países extracomunitarios – curso 2024/25 Programa ISEP – curso 2024/25 Convocatoria de bolsas para investigación posdoutoral en EE.UU. Xunta de Galicia / Fulbright – 2022 Convocatorias de bolsas FULBRIGHT para estudos de posgrao …

Continuar lendo

Contacto Subdirección de Relacións Exteriores

Dª. Cristina Trillo Yáñez Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo Enderezo electrónico: eei.exteriores@uvigo.es Sede Cidade: Despacho 125 – Subdirección entorno, Teléfono: +34 986 813 801 Sede Campus: Despacho Subdirección de Exteriores, Teléfono: +34 986 812 206 Horario de Atención Consulte abaixo o calendario co horario de atención presencial nos despachos da subdirección de RR. II. da EEI. Para reservar unha franxa horaria (20 minutos aproximadamente), envíe unha mensaxe a eei.exteriores@uvigo.gal indicando o día e hora de inicio preferidos; recibirá unha mensaxe confirmando a cita ou solicitando cambios en caso de que ese horario xa estea ocupado. Pode acudir ao …

Continuar lendo

Programas de mobilidade

Programas para Estudantes Os alumnos das titulacións ofertadas na Escola de Enxeñería Industrial poden cursar parte dos seus estudos tanto en Universidades estranxeiras como en Universidades españolas. Programas de Mobilidade Nacional Programa SICUE Programas de Mobilidade Internacional Programas de estudos Erasmus – Estudos Libre Mobilidade ISEP Bolsas Propias GE4 Programas para estadías prácticas Erasmus Prácticas Programa Vulcanus European Project Semester-EPS Buscadores e ofertas de estadías Programas para Titulados Programa SaarIng Rolls Royce Graduate Program TTalent traineeships – Eindhoven Brainport traineeships – Eindhoven BorgWarner Empower Graduate Program Programas para Docentes e Investigadores O persoal docente da Universidade de Vigo ten ao …

Continuar lendo