A universidade organiza un tándem lingüístico entre alumnos da UVigo e alumnos de intercambio entrantes que estudan español nos seus cursos de español para estranxeiros.
Poden participar estudantes da UVigo que queiran practicar unha lingua estranxeira con nativos ou falantes de competencia alta; ao mesmo tempo, axudarán a eses falantes a mellorar o seu español.
Para solicitalo, debedes enviar unha mensaxe a internacional@uvigo.gal indicando:
- O voso nome a e apelidos.
- O voso correo electrónico de contacto.
- A lingua ou linguas que desexades practicar. Consulta as linguas ofertadas.
- A palabra «Tándem» como o asunto da mensaxe de correo electrónico.
Desde a vicerreitoría enviaranvos o contacto do/s estudante/s entrante/s para que poidades acordar os vosos encontros.