Academic Activities 2020/21

Aínda que as actividades de acollida son recomendables, non teñen o carácter de obrigatorias. É por iso que, no caso de ter algún problema para asistir ou se tes algún síntoma que poida poñer en risco ás persoas asistentes, poderás consultar a información que tamén estará dispoñible na web da Escola. Aínda que é posible que xa se saiban moitas das cousas que imos contar, a experiencia dinos que nunca está de máis coñecer algunhas máis e tamén aquelas novidades a ter en conta. Por outra banda, este vindeiro curso ven marcado por unha serie de aspectos e normativas derivadas da situación sanitaria na que nos atopamos. Polo ben de todas as persoas que formamos parte da comunidade universitaria é moi importante que coñezamos certas normas e recomendacións sobre o desenvolvemento da docencia. O papel de cada un de nós é esencial para garantir que a docencia poida transcorrer de xeito seguro dentro da ‘nova normalidade’ na que nos atopamos.

As actividades académicas de acollida para o alumnado de Graos e Mestrados Académicos da EEI matriculados no curso 2020/2021 terán lugar do 14 ao 18 de setembro.

A programación detallada destas actividades podes consultalas na seguinte ligazón. Pola situación na que nos atopamos, indícase a sesión á que debe asistir cada estudante, e así poder, e así poder cumprir cos protocolos establecidos no Plan de Prevención de Control Sanitario. Recoméndase coñecer este Plan e estar atento ás novas da web da Escola por se houbese algunha modificación ou axuste. 

A actividade docente (clases) comezará a partir do luns 21 de setembro de acordo coa planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI.

Na EEI estamos a traballar para que o desenvolvemento da actividade póidase desenvolver dun xeito seguro e co mellor aproveitamento, pero é moi importante a colaboración de todas as persoas. O teu papel é moi importante para, entre todas as partes, superar as dificultades que supón a delicada situación na que nos atopamos.

Para asistir ás xornadas debes facer o rexistro no seguinte formulario: rexistro actividades acollida.

As xornadas de acollida tamén se poden seguir de xeito non presencial nas salas correspondentes ás sesións ás que se accede a través das ligazóns que se indican a continuación (debes acceder á ligazón da Sede na que se desenvolva a túa sesión). MOI IMPORTANTE!, para poder entrar na sesión debes escanear o código QR correspondente para obter a clave de acceso e introducila na parte de ‘Acceso estudantado’. Se non tes un lector de códigos QR, debes descargalo de calquera dos sitios onde se atopan Apps para a lectura dos mesmos. Hai moitas aplicacións gratuítas para a lectura destes códigos.

_ Sede Campus – Salón de Actos

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/531935091 

_ Sede Cidade – Paraninfo

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/279568309

Debido á situación na que nos atopamos, debes permanecer sempre atento á páxina web por se houbese algún cambio.