Eleccións á Xunta de Escola 2022

Sorteo da Xunta Electoral

O xoves 17 de febreiro de 2022, ás 9:32 horas, previa difusión pública a través das listas de distribución da EEI, na Sala de Audiovisuais da Sede Campus, procedeuse ao sorteo público da Xunta Electoral da EEI. Segundo o artigo 4 da “Normativa para a elección de membros das Xuntas de Centro” aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na súa sesión do 11 de decembro de 2003 a Xunta Electoral está composta por:

a) O Decano ou decana ou persoa que exerza a dirección do centro, que a preside

b) O Secretario ou secretaría do centro, que actúa como secretario ou secretaria da mesma

c) Unha persoa pertencente ao persoal docente e investigador, outra ao persoal de administración e servizos e outra ao sector de estudantes, designadas por sorteo público, así como as súas persoas suplentes

Xunta Electoral

  1. O director: Juan E. Pardo Froján
  2. O secretario: Pablo Izquierdo Belmonte
  3. Persoal docente e investigador:
    • Titular: Lozano Lozano, Luis Manuel
    • Suplente 1: Román Espiñeira, Miguel Ángel
    • Suplente 2: Vázquez Castro, Alfonso
    • Suplente 3: Chivite Alcalde, Mauro
    • Suplente 4: Miranda Blanco, Blanca Nieves
    • Suplente 5: Parajó Calvo, Bernardo José
  4. Estudantes:
    • Titular: Mederer Fernández, Eric José
    • Suplente 1: Collazo Abuín, Tomás
    • Suplente 2: Fidalgo Giráldez, Carlos
    • Suplente 3: Otero Jorge, Pablo
    • Suplente 4: Nogueira Ochoa, Sergio
    • Suplente 5: Iglesias González, Miguel Ángel
  5. Persoal de administración e servizos:
    • Titular: Dorrio Rodríguez, Araceli
    • Suplente 1: Fernández Rey, Aser Ángel
    • Suplente 2: Rosales Pardavila, Francisco Javier
    • Suplente 3: Oca Cancela, Guillermo De
    • Suplente 4: Covela Quintela, Alfonso
    • Suplente 5: Monroy Soage, David

Calendario Electoral

A Xunta Electoral da EEI aprobou, na súa sesión do día 7 de marzo de 2022, o seguinte calendario electoral para as eleccións a membros da Xunta de Escola da EEI:

  • 09 de marzo de 2022:
    • Publicación dos censos provisionais
  • 10 – 21 de marzo de 2022:
    • Prazo de reclamacións aos censos provisionais
  • 23 de marzo de 2022:
    • Publicación dos censos definitivos
  • 24 de marzo – 04 de abril de 2022:
    • Prazo presentación de candidaturas
  • 06 de abril de 2022:
    • Proclamación provisional de candidaturas
  • 07 – 18 de abril de 2022:
    • Prazo de reclamación ás candidaturas provisionais
  • 20 de abril de 2022:
    • Proclamación definitiva de candidaturas
  • 21 de abril – 02 de maio de 2022:
    • Campaña Electoral
  • 03 de maio de 2022
    • Xornada de reflexión
  • 04 de maio de 2022:
    • Votacións
  • 05 de maio de 2022:
    • Proclamación provisional de resultados
  • 06 – 10 de maio de 2022:
    • Prazo de reclamacións aos resultados provisionais
  • 11 de maio de 2022:
    • Proclamación definitiva de resultados

As reclamacións debidamente argumentadas, e a presentación de candidaturas, realizaranse na Área de Apoio a Centro e Departamentos ou no Negociado de Asuntos Xerais de calquera das dúas sedes, de 9:00 a 14:00 horas de xeito presencial ou por correo electrónico a eei.asuntosxerais@uvigo.es e/ou eei.centro.departamentos@uvigo.es, opcionalmente con copia a eei.secretario@uvigo.es.

As publicacións relativas ás eleccións da EEI faranse na páxina web da Escola (https://eei.uvigo.es/gl/escola/servizos-administrativos/negociado-asuntos-xerais/eleccions-a-xunta-de-escola-2022/) e divulgaranse cando corresponda, para cada unha das fases relevantes do proceso, a través das listas de difusión dos distintos sectores da EEI.

Censos provisionais

Aquelas persoas que poidan pertencer a dous censos (PDI B ou alumnos de doutorado) poden optar por un deles dentro dos prazos establecidos para a reclamación dos censos provisionais, no caso de non facelo prevalecerá o censo provisional

Censos definitivos

Candidaturas

  • Sector A
    • 149 (Todo o profesorado con vinculación permanente e docencia maioritaria no Centro, que constituirá o 51% da Xunta de Centro)
  • Sector B
    • 30 (Representación do persoal docente e investigador sen vinculación permanente, que corresponde ao 10% da Xunta de Centro, dos cales, polo menos o 80% terán dedicación a tempo completo)
      • A tempo completo: >24
  • Sector C
    • 85 (Representación dos estudantes, que corresponde ao 29% da Xunta de Centro, dos cuales 1/6 será de terceiro ciclo)
      • 70 de 1º-2º ciclo
      • 15 de 3º ciclo
  • Sector D
    • 30 (Representación do persoal de administración e servizos, que corresponde a un 10% da Xunta de Centro)
  • Total 294 membros da Xunta de Escola

Formulario candidaturas

Proclamación provisional de candidaturas

Proclamación definitiva de candidaturas

As candidaturas provisionais pasan a ser definitivas ao non recibirse ningunha reclamación ao respecto.

Proclamación candidaturas: membros electos

Dado que o número de candidaturas en cada sector non supera ao número de membros elixibles nos mesmos, non é necesario celebrar eleccións e os candidatos/as pasan a ser membros electos polos seus sectores cando venzan os posibles prazos de reclamación establecidos no calendario electoral.

Pregamos os candidatos/as electos/as que non fosen anteriormente membros da Xunta de Escola remitan un correo electrónico a eei.secretario@uvigo.es indicando os seus datos e o email co que desexan ser engadidos na lista de distribución da Xunta.

Documentos e enlaces