Tras as resolucións de renuncia á avaliación continua en primeira edición de exames, tanto para materias de grao da EEI de primeiro cuadrimestre (https://eei.uvigo.es/wp-content/uploads/2021/10/Renuncia-aval-continua-1C-21-22-definitiva_v1.pdf) como de segundo cuadrimestre (https://eei.uvigo.es/wp-content/uploads/2022/03/Renuncia-aval-continua-2C-21-22-definitiva_v1.pdf) ábrese un prazo adicional para que aqueles alumnos que non renunciasen na primeira edición (ver resolucións previas) poidan solicitar a renuncia á avaliación continua na segunda edición de exames.
Para isto, débese enviar por email a eei.secretario@uvigo.es, a seguinte información (só no caso de materias nas que non renunciasen previamente en primeira edición):
- Nome completo e DNI
- Titulación na que estás matriculado
- Materias das que queres renunciar (e non renunciaches previamente): nome da materia, curso e nome/email coordinador da materia (segundo a guía docente)
O prazo para presentar esta solicitude remata o 9 de xuño de 2022 ás 14:00 horas, pasado o cal se publicará a resolución correspondente na web do Centro.
Para aquelas solicitudes recibidas fóra de prazo non se concederá a renuncia de forma automática senón que se analizarán co profesorado coordinador das materias implicadas para tomar unha decisión ao respecto e, en calquera caso, débese de solicitar con alomenos dez días de anterioridade á data do exame para a correcta organización das probas.