Aqueles alumnos/as que desexen renunciar ao sistema de avaliación continua nos graos da EEI, nunha ou varias materias do segundo cuadrimestre, poderán facelo ata o 10 de febreiro de 2023 a través do seguinte formulario.
No caso de alumnado de PCEO, debe facer dúas solicitudes, unha para cada un dos graos.
No caso de alumnado de cursos de adaptación, cuxa docencia non é totalmente presencial, contactade co profesorado das materias.
De non facer a solicitude no prazo establecido ou de ter realizado xa algunha proba de avaliación continua, non se garantizará o paso á modalidade de renuncia a avaliación continua e cada caso será analizado polo Centro e polos coordinadores das materias.
Documentos e enlaces