O proxecto ICEX Vives oferta prácticas en empresas españolas no estranxeiro. Está previsto que se oferten da orde de 2000 prácticas remuneradas.
As prácticas terán unha duración de entre 6 meses e 12 meses (prorrogables ata un máximo de 12 meses adicionais) e deberán estar finalizadas antes do 31 de decembro de 2024.
Este proxecto vai destinado a:
- Mozos de entre 18 e 30 anos.
- De nacionalidade española ou da UE.
- Con titulación universitaria de grao ou FP de grao medio ou superior.
Nas seguintes ligazóns podes consultar a páxina web do programa e as preguntas frecuentes.