O próximo 19 de marzo terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial a presentación dun programa de talento lanzado polo Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia, que ten como obxectivo achegar o talento das universidades ás empresas de automoción e mobilidade de Galicia.
A nosa Escola será a primeira que acolla esta iniciativa, un reto para o que nos sentimos preparados e que servirá para que as empresas da nosa contorna coñezan todo o noso potencial.
Se es estudante do último ano de grao ou mestrado, non deixes escapar esta oportunidade e amosa todo o teu talento! Terás entre outras vantaxes:
- A posibilidade de postularte para vacantes de bolsas, prácticas ou TFG/TFM en empresas.
- Visibilidade do teu perfil por parte de empresas do sector.
- Visitas a plantas e charlas con empresas.
Se che van os retos e queres demostrar a túa valía, o Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA) quere convidarche a que coñezas todos os detalles deste interesante programa.
Achégate o próximo 19 de marzo á presentación que terá lugar no salón de actos da EEI-Sede campus e que tamén poderás seguir desde o Paraninfo da EEI-Sede Cidade.
Non perdas este programa e participa! Poderás gañar importantes premios.
Documentos e enlaces