Desenvolvemento do plan estratéxico da Escola

A Escola de Enxeñería Industrial iniciou hai uns meses un proceso de “Reflexión estratéxica” co obxecto de identificar os principais retos e tendencias que debe afrontar de cara ao futuro, así como acordar o mellor posicionamento estratéxico que nos permita ser unha Escola de referencia e prestixio a nivel nacional e internacional.

Para levar a cabo este proceso constituíuse un grupo de traballo heteroxéneo que representa a todos os sectores e áreas da Escola.

Tras as primeiras fases de análise da información recollida, queremos compartir contigo a reflexión e proposta realizada polo grupo de traballo para que, entre todas as persoas, poidamos enriquecela. A túa participación é moi importante neste proceso polo que animámosche a facernos chegar as túas achegas a través do seguinte enderezo de correo: eei.planificacion@uvigo.gal

Queremos informarche de que o martes 11 de xullo vanse desenvolver dúas sesións informativas, unha en cada sede, de acordo coa seguinte axenda:

9:30 – 11:30 horas: Paraninfo Sede Cidade
12:00 – 14:00 horas: Salón de Actos da Sede Campus

Pola importancia deste proceso, animámosvos unha vez máis a participar co obxecto de ter unha visión ampla que trate de integrar a todas as persoas e poder establecer as liñas mestras de cara ao mellor posicionamento estratéxico que nos permita ser unha Escola de referencia, un espazo que sexa un piar que actúe de panca na construción dunha sociedade máis desenvolvida e sostible.

EEI: Unha Escola que Escoita e Integra

Participa no proceso para o desenvolvemento estratéxico. Unha oportunidade para mellorar a nosa Escola
Faite escoitar para construír a EEI do futuro!


https://eei.uvigo.es/gl/escola/calidade/plan-estratexico-da-eei/