Convocatoria Erasmus-estudos curso 2023/24

Está publicada a convocatoria de mobilidade Erasmus Estudos para o curso 2023/2024
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1008

O prazo para presentar as solicitudes remata o 9 de decembro de 2022.

O formulario deberá cumprimentarse a través da plataforma MoveON e presentarse asinado con firma dixital na sede electrónica da Universidade de Vigo.

No anexo IV que recolle as prazas dispoñibles, «Level 6» corresponde a prazas de grao e «Level 7» a prazas de mestrado.

As prazas que, na columna «Observacións», indiquen un profesor ou requiran contactar co coordinador da titulación ou coa subdirección de RR.II., deberán presentar xunto coa solicitude unha carta de preaceptación emitida polas devanditas persoas.

O 23 de novembro ás 14:00 horas haberá unha charla informativa no Salón de actos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais (Campus Lagoas-Marcosende).

Son de aplicación o regulamento para programas de mobilidade de estudos da EEI e a normativa de selección de estudantes da EEI para o programa de mobilidade Erasmus-estudos.