A Escola de Enxeñería Industrial da Universidad de Vigo integra as antigas Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica Indutrias e Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, e adícase á ensinanza no ámbito da Enxeñería Industrial a través dunha oferta educativa versátil e actual dos seus diferentes graos, mestrados e programas de doutoramento. Estudos oficiais de grao da EEI (240 créditos ECTS) Enxeñería en Tecnoloxías Industriais Enxeñería Eléctrica Enxeñería Mecánica Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática Enxeñería en Organización Industrial Enxeñería en Química Industrial Enxeñería Biomédica Enxeñería en Automoción con mención dual (Implantación para o curso 2024/25) Dobres Graos Double degree in …
Category: Students
Why choose us?
Academic Offer Because we provide a wide academic offer in the technological field, which guarantees quality, practical and multidisciplinary training to our students. Experience Because we have a history of over 111 years teaching Industrial Engineering. Facilities Because the School is not just a teaching center, but a multidisciplinary space. We offer a wide range of facilities that will be useful to you during your training (seminar rooms, computer rooms, technological laboratories, study rooms, library,…) At the moment we have: Over 4,000 students Almost 400 faculty members An area of about 60,000 m2 divided into 3 buildings Documents and links …
Internships
As prácticas en empresas teñen como finalidade facilitar a preparación para o exercicio profesional dos alumnos nas áreas operativas das empresas relacionadas coa súa formación universitaria, aportando un coñecemento real das tarefas e funcionamento das empresas, promovendo así o seu futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral. Máis info: Prácticas e emprego
Robot competition
Dende a Escola de Enxeñería Industrial comezaremos pronto a preparar unha nova edición da Competición de Robots, un novo desafío tras o éxito acadado na última edición. O concurso de robots é un concurso que vimos impulsando dende a EEI co obxecto de despertar o interese polas disciplinas STEM. Pretende ser unha xornada de convivencia na que poder compartir experiencias con outras persoas que teñen en común unha mesma paixón. Unha oportunidade para aprender na que os equipos concursantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit básico establecido pola organización. …
Student Associations
Na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo están presentes varias asociacións de estudantes con diferentes temáticas e intereses. Todas elas constitúen un pilar fundamental para ofrecer respostas ás inquietudes, demandas e intereses que os propios estudantes teñen na súa etapa universitaria, constituíndo un importante elemento dinamizador da vida universitaria dentro das nosas sedes. É reconfortante ver a labor que os nosos estudantes realizan día a día dende as asociacións, utilizando o seu talento, ilusión e experiencia ao servizo da Comunidade Universitaria. Todas estas experiencias contibúen de xeito importante á súa formación integral, e lles permite adquirir habilidades fundamentais …
Software
No recopilatorio de software da Universidade de Vigo pódese atopar o software de uso cotiá que os servizos informáticos poñen a disposición da comunidade universitaria. Para poder acceder á este recopilatorio é necesario dispor dunha conta de correo da universidade (tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es). Por outra banda, a Escola de Enxeñería Industrial ten subscritos diferentes convenios que posibilitan aos alumnos dispor de licenzas para o uso de certos programas. En particular, a EEI ten acordos campus para a utilización por parte de todos os alumnos para os seguintes programas: Matlab / Simulink (Acordo con Mathworks) Labview / Multisim (Acordo con …
Ven a Industriais
A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, xorde da integración nun único centro da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSII) e a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (EUITI), dedicadas ás ensinanzas universitarias no ámbito da enxeñería industrial. Na actualidade o conxunto de ambos os dous centros aglutina aproximadamente algo máis de 4.000 alumnos matriculados e 350 profesores de 15 departamentos diferentes, xestionando 3 edificios e case 60.000 m2 de superficie construída; repartidos en dúas sedes: Sede Cidade, que integra os edificios e instalacións da antiga EUETI; está situada na Rúa Conde de Torrecedeira da cidade de …
Alumnado actual
Para estar informado de todo o que acontece podes seguir os perfís da escola nas redes sociais twitter e facebook. Ademáis debes subscribirte ás listas de alumnos da EEI onde recibirás, entre outros, mensaxes relacionados con: Ofertas de mobilidade ó estranxeiro e resto de España Convocatorias de prácticas en empresas Ofertas de traballo
Welcome guide
A Escola de Enxeñería Industrial quere axudarche a que a túa integración na vida universitaria na Escola sexa satisfactoria. Por iso, cada curso elaboramos un pequeno manual de acollida onde poderás atopar aquela información que pode ser do teu interese e axudarche a facer a túa estancia na nosa Escola máis doada. Entre outros temas, poderás consultar información sobre: Oferta académica. Normativa de permanencia. Organización. Recursos materiais e servizos. Web da EEI. Plataforma de Teledocencia Moovi. A información detallada sobre as xornadas de acollida podes atopala na seguinte ligazón: xornadas acollida. Documents and links Manual de acollida
Academic Planning
A organización docente apróbase pola Comisión Permanente da Escola antes do comezo de cada curso académico, de tal xeito que os estudantes poidan dispoñer daquela información relativa ao desenvolvemento da actividade académica antes de formalizar a súa matrícula. É moi importante estar atento a esta información ó longo do curso por se se tivese producido algún axuste ou modificación por causas sobrevidas. Aulas virtuais ‘campus remoto’ Salas do profesorado Salas Sede Campus Salas Sede Cidade Acceso Campus Remoto Planificación Académica curso 2024/25 Elección de Grupo. Actividades de acollida . Calendario Académico. Horarios. Calendario Exames. Guías Docentes. Documents and links Normativa …