O vindeiro venres 29 de abril, de 10:00 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, o seminario “Aplicando tecnoloxías XR na industria de forma sostible”.
Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, será a responsable de impartir esta xornada. A súa aposta pola innovación en sistemas avanzados de Realidade Virtual e Realidade Aumentada permitíronlle conseguir diferentes premios e recoñecementos a nivel nacional e internacional.
Nesta xornada estudaranse as tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria. Analizaremos propostas de investimento sostibles que permitan ás compañías implantar un plan de dixitalización sostible apoiado nestas tecnoloxías.
Contaremos coa participación de Santiago González e de Alberto Manzano, CEO e Account Manager de Arsoft respectivamente, así como con dous técnicos expertos, Miguel Vilar (Navantia) e Álvaro García (Cidaut), que expoñerán dous casos de uso.
O Seminario finalizará cunha mesa redonda e demostracións prácticas de contidos XR.
As prazas son limitadas polo que para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.
Anímate a participar e coñecer unha das tecnoloxías máis innovadoras na industria 4.0!!