Acto celebración patrón EEI 2024

O próximo xoves 21 de marzo terá lugar o acto académico de celebración do patrón da Escola de Enxeñería Industrial, no Paraninfo da Sede Cidade, a partir das 12:00 horas (prégase estar ás 11:30 horas para facer a recepción.)

Dende a dirección da Escola, queremos convidarvos a participar neste acto.

Podedes consultar o programa na seguinte ligazón.

Ao finalizar este acto, celebrarase un xantar no Hotel ATTICA 21, na avenida de Samil.

Para asistir é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 18 de marzo a través do QR ou na ligazón:

https://forms.gle/ndWg56buNQ6Q3du59