Eleccións a delegado/a de grupo curso 2020-21

Participa! – OUTUBRO 2020

A Delegación de Alumnos da EEI, en colaboración coa dirección da escola, ten previsto realizar as eleccións a delegados de clase.

Lémbrase que é indispensable que existan delegados de clase para mellorar o funcionamento do centro. Agradécese a colaboración prestada polos delegados de clase durante o curso 2019/20 e convidámosvos a que participedes no proceso e colaboredes coa vosa Escola.

O calendario electoral é o seguinte:

_ Prazo de presentación de candidaturas: dende o día 16 de outubro ata o 26 de outubro.

As candidaturas presentaranse por correo electrónico a eei.secretario@uvigo.es, indicando NOME E APELIDOS, teléfono e email de contacto, e grao e grupo polo que vos presentades (matrícula maioritaria).

_ Publicación de resultados provisionais: 28 de outubro.

_ Proceso electoral e proclamacións: a partir do día 29 de outubro.