3º prazo preinscrición Mestrados en Enxeñería Biomédica e Enxeñería Industrial – curso 2024/25

Do 23 ao 25 de setembro está aberto o terceiro e último prazo de preinscrición para o curso 2024/25 no Mestrado en Enxeñería Industrial e Enxeñería Biomédica. 

Se xa realizaches a preinscrición no 1º ou 2º prazo, para poder preinscribirche de novo neste 3º prazo, debes escribir previamente un correo á área académica de posgrao eei.master@uvigo.gal.

As listaxes provisorias de admitidos e excluídos publicaranse o 1 de outubro segundo o calendario de preinscrición e matrícula.

O  Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, unha profesión apaixonante, cun longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena.

Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, completando unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios, atendendo ás necesiades do munco actual.

A oferta de mestrados da EEI son unha opción competitiva, segura e prestixiosa, con titulacións deseñadas para estar na vangarda da enxeñería e colocarte nunha posición inmellorable para un desenvolvemento profesional de éxito.

Ademais, as nosas titulacións contan co recoñecemento e o apoio de axentes e actores chave da nosa contorna que recoñecen á EEI coma xeradora dun coñecemento esencial e innovador para un desenvolvemento sostible da nosa sociedade. 

Elixas o que elixas, unha opción segura! Non deixes escapar esta última oportunidade de asegurar o teu futuro!