Programa «European Project Semester-EPS»

Programa de mobilidade para enxeñería con dúas convocatorias por curso (1º cuadrimestre e 2º cuadrimestre). Está organizado pola universidade HtW des Saarlandes, socia da Universidade de Vigo en Saarbrucken (Alemania).

Características do programa

O IPS é un programa de mobilidade para enxeñería. Dura 18 semanas e combina unha estadía de 13 semanas nunha empresa da rexión do estado alemán de Sarre (4 días por semana) con docencia dunha materia técnica impartida na universidade (1 día por semana).

O IPS inclúe tamén cursos preparatorios de alemán, Project management/team building e Comunicación intercultural durante as semanas 1 a 3.

Ten dúas edicións por ano:

1º cuadrimestre: estadías de outubro a febreiro.

Data límite para envío de solicitudes: 20 de abril. Estas deben enviarse á subdirección de RR.II. da EEI mediante o procedemento indicado abaixo.

2º cuadrimestre: estadías de marzo a xullo.

Data límite para envío de solicitudes: 20 de outubro. Estas deben enviarse á subdirección de RR.II. da EEI mediante o procedemento indicado abaixo.

Para máis información podedes consultar o IPS 2.0 Fact Sheet, a web do IPS ou a presentación do programa.

Presentación de solicitudes

Os estudantes interesados en participar no IPS deben completar este formulario (DOCX, PDF e ODT) e remitilo por correo electrónico á subdirección de Relacións Internacionais da EEI antes da data especificada en cada convocatoria.

O formulario deberá enviarse desde un enderezo de correo electrónico do dominio @alumnos.uvigo.es.

Os formularios dos alumnos solicitantes enviaranse á HTW des Saarlandes a través da Oficina de Relacións Internacionais da UVigo.

A selección dos estudantes realizarase na universidade socia, quen comunicará por e-mail aos solicitantes a súa aceptación ou exclusión do IPS.

Posibilidades de apoio económico

O IPS é compatible cunha bolsa Erasmus-internships.

A carta de preaceptación que debe presentarse xunto coa solicitude ou no período de subsanación debe ser solicitada á HTW des Saarlandes.