A través do programa Erasmus-Estudos ou do programa de Bolsas Propias poderás cursar un semestre da especialidade nalgunha das universidades, tanto de Europa como do resto do mundo, coas que a Escola ou a Universidade ten asinados convenios de intercambio de estudos. Tamén é posible realizar intercambios con universidades de Asia, Rusia e Australia a través do programa GE4 e con Estados Unidos a través do programa ISEP. O programa SICUE permite cursar estudos de Grao noutras universidades españolas.
O programa Erasmus-Internships permite realizar estadías en empresas e institucións da Unión Europea. Ao abeiro deste programa podes realizar prácticas en empresa extracurriculares no estranxeiro. Tamén podes empregalo para facer unha estadía noutra universidade e preparar o teu TFG / TFM en mobilidade. Consulta a lista de posibles destinos que se irá actualizando anualmente.
Para máis información consulta o resumo de mobilidade na EEI, o regulamento de programas de intercambio de estudos e a normativa de selección de estudantes do programa Erasmus-estudos. Tamén podes poñerte en contacto coa subdirección de RR.II. a través do correo electrónico, teléfono ou o calendario de atención individualizada en ambas sedes.
Se queres validar unhas prácticas extracurriculares no estranxeiro polas prácticas en empresa curriculares da túa titulación de Grao, consulta o procedemento na Normativa de prácticas en empresa da EEI.