Xornada Portas Abertas

O 16 de xuño celebrarase unha nova edición desta xornada

A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. Nestes momentos tan complexos nos que nos atopamos, o sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade.

Durante a xornada, prevista para o vindeiro xoves 16 de xuño de 2022, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións da nosa escola. É unha grande ocasión para resolver calquera dúbida sobre as mesmas.

Na xornada tamén terán a posibilidade de coñecer as saídas profesionais e achegarse a un mundo cheo de tecnoloxía onde se prepararán os enxeñeiros do futuro. 

O programa previsto é o seguinte:

11:00 h – 12:00h Charla xeral en Sala 1 edificio Miralles sobre preinscrición, matrícula, oferta formativa, servizos e oferta cultural e de extensión universitaria da Universidade de Vigo.

12:00 h – 13:00 h Visitas guiadas por Telecomunicacións e Minas.

12:45 h Recepción na EEI-Sede Campus. Punto de encontro na Entrada Principal da EEI-Sede Campus.

13:00 h – 13:10 h Charla en Salón de Actos da EEI-Sede Campus sobre os distintos graos da EEI.

13:10 h – 13:40h Inicio das visitas guiadas.

  • 13:10h – 13:20h – Laboratorio de Automática.
  • 13:20h – 13:30h – Laboratorio/Taller IPF (Edificio Fundición).
  • 13:30h – 13:40h – Laboratorio Realidade Virtual (Edificio Fundición).

14:00 h Fin das Xornadas de Portas Abertas

Non deixes pasar esta ocasión, esperámoste!