Xornada das profesións 2024

O xoves 13 de xuño ás 17:00 horas terá lugar no Paraninfo da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Cidade unha nova edición da Xornada das Profesións.

Esta xornada, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, está dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulados ou nos últimos cursos.

Hai 100 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición a través do seguinte formulario.

Enviarase un certificado de asistencia aos participantes.

Non perdas esta oportunidade e reserva a túa praza! Poderás informarte sobre temas tan importantes para o teu futuro profesional coma o autoemprego, o exercicio libre da profesión, exercicio no estranxeiro, administración pública, prácticas en empresa e moitos máis.

Podes consultar o programa completo na seguinte ligazón.