PARS en Mestrado en Enxeñería Biomédica Vía Grao en Enxeñería Biomédica

360 Créditos
6 Cursos
8 Prazas
Presencial
Hospital Alvaro Cunqueiro  dispositivos biomédicos

Descrición do Programa Académico

O PARS en Enxeñería Biomédica é un Programa académico con percorrido sucesivo en Mestrado en Enxeñería Biomédica vía Grao en Enxeñería Biomédica.

Este programa pretende a flexibilización do acceso ao Mestrado en Enxeñería Biomédica (MEB) dende o Grao en Enxeñería Biomédica (GEB), xa que permite encadear os estudos sen solución de continuidade. Desta forma, o alumnado pode comezar o Mestrado sen ter rematado o Grao. Esta flexibilidade pode reducir o tempo total para completar a formación de Grao máis Mestrado.

Competencias do Programa Académico

O alumnado que remate o programa terá acadado as competencias do Grao en Enxeñería Biomédica e as competencias do Mestrado en Enxeñería Biomédica.

Perfil de ingreso recomendado

O perfil de ingreso recomendado no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o mesmo que o recomendado para o Grao en Enxeñería Biomédica.

O acceso ao PARS en Enxeñería Biomédica realízase a través dunha oferta de prazas específica, tal e como aparece no artigo 7 da normativa PARS da Universidade de Vigo. O número de prazas específicas ofertadas para este Programa é de 8.

Tal e como indica o RD822/2021 na disposición adicional novena, o alumnado que opte por matricularse neste PARS poderá abandonalo en calquera momento dos seus estudos de Grao ou Mestrado.

Na admisión ao Mestrado en Enxeñería Biomédica, garantirase a prioridade na matrícula do alumnado que dispoña do título oficial de Grao, indistintamente de se están cursando, ou non, o PARS.

No caso de ter máis solicitudes que prazas, a Comisión Académica do Mestrado resolverá seguindo a prelación indicada no artigo 7 normativa PARS da Universidade de Vigo.

Tal e como establece o RD 822/2021, o alumnado do PARS pode ser admitido no Mestrado en Enxeñería Biomédica se lle restan por superar, como moito, 30 créditos do Grao en Enxeñería Biomédica (incluíndo o TFG).

Estes 30 créditos ECTS non poderán ser ningún dos etiquetados no plan de estudos do GEB como:

  • Formación Básica e Formación Obrigatoria Biomedicina (FB e FOB) (60 e 15 créditos ECTS)
  • Rama Industrial aplicada a Enxeñería Biomédica (RIIB) (60 créditos ECTS).
  • Tecnoloxía especifica Enxeñería Biomédica (TE) (39 créditos ECTS).
  • Prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria (PE) (6 créditos ECTS)

Polo tanto, poderán formar parte deses 30 créditos ECTS:

  • Calquera das materias optativas xerais (OG) ou as prácticas en empresa (PE) de 4º curso do GEB (6 créditos ECTS).
  • O Traballo Fin de Grao (TFG) (12 créditos ECTS).
  • Calquera das materias optativas da intensificación BIOTECH (BT) o da intensificación BIOMMEC (BM) de 3º e 4º curso recollidas nas táboas:
Curso Materias de BIOTECH (BT) Créditos ECTS
3 Técnicas de procesado de sinais biomédicas 6
3 Dispositivos electrónicos dixitais en medicina 6
4 Xeración e procesado de imaxe en biomedicina 6
4 Redes de comunicacións, manipulación e telemedicina 6
4 Sistemas automáticos de control en biomedicina 6
4 Instrumentación biomédica 6
4 Sistemas de información en entornas biomédicos 6
Curso Materias de BIOMMEC (BM) Créditos ECTS
3 Biomateriais 6
3 Biomecánica 6
4 Biocompatibilidade e comportamento mecánico de materiais en implantoloxía 6
4 Deseño e fabricación de produtos e equipos biomédicos 6
4 Instalacións hospitalarias 6
4 Simulación aplicada a fluídos e sistemas mecánicos 6
4 Nanomedicina 6