Os alumnos procedentes do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo realizarán o seguinte itinerario:
Denominación | Código | Nº Créditos |
Módulo Obrigatorio | OB | 6 ECTS |
Módulo de Tecnoloxías Industriais | TrTI | 30 ECTS |
Módulo de Xestión | TrG | 15 ECTS |
Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións | TrIPC | 15 ECTS |
Módulo de Orientación | OR | 30 ECTS |
Traballo Fin de Mestrado | TFM | 24 ECTS |
O módulo de orientación consta de varias materias que aportarán unha orientación xa que estos alumnos teñen unha formación de carácter xeral en enxeñería industrial e deberán adquirir un perfil específico durante o mestrado.
Ofrécense seis orientacións de tal xeito que deberán elixir unha delas e superala totalmente para a obtención do título de mestrado:
- Deseño e Fabricación
- Electrónica e Automática
- Construción e Instalacións
- Mecánica
- Organización Industrial
- Tecnoloxía Eléctrica