Robot competition

Dende a Escola de Enxeñería Industrial comezaremos pronto a preparar unha nova edición da Competición de Robots, un novo desafío tras o éxito acadado na última edición.

O concurso de robots é un concurso que vimos impulsando dende a EEI co obxecto de despertar o interese polas disciplinas STEM. Pretende ser unha xornada de convivencia na que poder compartir experiencias con outras persoas que teñen en común unha mesma paixón.

Unha oportunidade para aprender na que os equipos concursantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit básico establecido pola organización.

Se desexas recibir máis información podes escribirnos ao correo eei.robots@uvigo.es e resolveremos todas as túas dúbidas.

Esperámoste na vindeira edición!