Ábrese un prazo ata o 12 de outubro para solicitar a modalidade de avaliación global (renuncia á avaliación continua) para as materias do primeiro cuadrimestre do curso 2024/25.
A solicitude farase, no caso de alumnado de Grao, na materia de Moovi de todo o alumnado de grao da EEI (https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=24849) no seguinte formulario/enquisa: https://moovi.uvigo.gal/mod/choice/view.php?id=1012198.
O estudantado de mestrado tedes que contactar, dentro do mesmo prazo, con eei.secretario@uvigo.gal.
Neste curso haberá dous períodos para solicitar ao Centro o paso á modalidade de avaliación global, e renuncia polo tanto á avaliación continua, que serán os seguintes:
- Primeiro período ordinario de matrícula de continuación de estudos, o prazo será dun mes dende a data na que se publique a apertura do procedemento.
- Segundo período ordinario de modificación de matrícula da UVigo, o prazo será dun mes dende a data na que se publique a apertura do procedemento.
Aconséllase que o alumnado consulte, en caso de ter dúbidas, co profesorado de cada materia as características concretas de cada modalidade de avaliación (continua ou global) posto que a asignación de modalidade, unha vez solicitada, será vinculante. No caso de non facer ningunha solicitude, entenderase que a modalidade é a de avaliación continua.
Para as solicitudes recibidas fóra dos prazos oficiais (un mes desde esta publicación), e unha vez publicadas as resolucións, non se pode garantir o cambio de modalidade por parte do Centro e terá que ser solicitada ao profesorado/coordinación das materias concretas (podedes pór en copia a eei.secretario@uvigo.gal, pero a solicitude debe ir dirixida ao profesorado/coordinador das materias). Así mesmo, no caso de que nalgunha materia/grupo/grao o profesorado/coordinador estableza un prazo maior ao establecido polo Centro, a xestión das solicitudes de cambio de modalidade de avaliación será tamén xestionada pola coordinación das devanditas materias/grupos/graos, polo que debedes dirixirvos directamente ao profesorado/coordinación dos grupos.
A resolución publicarase na materia de Moovi de todo o alumnado de grao da EEI (https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=24849), difundirase polas listas de distribución do Centro (/gl/escola/comunicacion/listas-de-correo-e-difusion-web-rss/) e na páxina web (https://eei.uvigo.es/gl/)
Para calquera aclaración, unha vez revisadas as instrucións recibidas e o procedemento, contactade con eei.secretario@uvigo.gal.
En calquera caso, elixas o modelo de avaliación que elixas, lembra que para superala con éxito é preciso Estudo, Esforzo e Interese (o de sempre na EEI).
Documentos e enlaces