Traballo Fin de Grao

Matrícula TFG

Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización dado que, aínda que non exista docencia como tal, é necesario asegurar o asesoramento por parte do profesor asignado como director.

A matricula do TFG debe realizarse xunto con tódolos créditos restantes da titulación.

Proposta de traballos

Pode partir tanto de profesores como de alumnos da titulación de Grao que corresponda e en calquera período do curso académico.
A proposta do alumno poderá ser a título individual ou ter vinculación co traballo desenvolto por unha empresa, por un centro ou instituto de investigación ou por unha universidade estranxeira. No caso de que o tema sexa proposto por unha empresa ou por un centro de investigación externo, deberá formalizarse un convenio de colaboración educativa coa EEI.

Solicitude de aprobación de título, tema e director do TFG (solicitude electrónica)

O alumno deberá solicitarlle á Comisión Permanente a aprobación de:

  • Título do TFG
  • Tema do TFG
  • Director ou directores do TFG

A solicitude electrónica será iniciada polo director mediante a asignación a unha liña de traballo (secretaría virtual do director) e será completada polo alumno (secretaría virtual do alumno)

Solicitude de lectura e tribunal do TFG (solicitude electrónica)

Unha vez realizado o TFG o alumno deberá solicitar a súa lectura á Comisión Permanente. A solicitude será iniciada polo informe favorable do director (secretaría virtual do director; incluirá o informe de valoración do TFG) e será completada polo alumno (secretaría virtual do alumno).

Depósito do Traballo e envío dos ficheiros electrónicos

Unha vez rematada a realización do TFG, o alumno deberá depositalo na Área académica da EEI coa seguinte documentación:

  • Resumo executivo (A3) coa indicación dos méritos máis relevantes do traballo
  • Unha copia impresa do traballo en formato papel.
  • Unha copia do traballo en formato electrónico (PDF gravado nun CDROM)

Asemade o alumno deberá subir á Faitic/Moovi os seguintes ficheiros en formato pdf:

  • Documentos do TFG (máximo 20 Mb e 400 páxinas)
  • Resumo executivo A3

Defensa

A defensa só poderá realizarse despois de que o alumno teña superado tódolos créditos restantes da titulación.

A defensa realizarase nas datas fixadas pola Comisión Permanente.

A defensa do TFG consistirá nunha exposición pública do traballo durante un tempo de 15 minutos seguida dunha quenda de preguntas de 5.