Normativa de Composición da Xunta de Titulación

1. Obxecto

O artigo 4 punto 2 do Regulamento de Réxime Interno da Escola de Enxeñería Industrial (aprobado pola Xunta de Escola do Centro o 20 de decembro de 2011), establece que a composición da Xunta de Titulación será regulada mediante unha normativa específica elaborada pola Comisión Permanente para a súa remisión e aprobación, á Xunta de Centro.

O obxecto deste documento e establecer dita normativa sobre a composición da Xunta de Titulación da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo e establecer unas normas básicas para o seu funcionamento.

2. Composición da Xunta de Titulación da EEI

1. A Xunta de Titulación estará formada por 31 membros:

a) Director que a presidirá
b) Secretario da Escola que o será tamén da propia Xunta de Titulación
c) 2 subdirectores designados polo Director segundo os temas a tratar
d) 15 representantes do persoal docente e investigador, dos cales alomenos 12 serán profesores con vinculación permanente á Universidade de Vigo
e) 9 representantes dos alumnos
f) 3 representantes do persoal de administración e servizos

2. Os membros da Xunta de Titulación poderán ser substituídos en cada caso dentro do seu sector. De tódolos xeitos tanto os membros titulares como os suplentes deberán ser membros da Xunta de Escola.

3. Funcionamento da Xunta de Titulación da EEI

Para o seu funcionamento a Xunta de Titulación rexerase segundo o establecido nos artigos 14 a 21 (ámbolos dous inclusive) do Regulamento de Réxime Interno da EEI agás no seguinte aspecto:

a) Para a válida constitución da Xunta de Titulación será necesaria en primeira convocatoria a presencia do Presidente e o Secretario, ou dos seus respectivos substitutos, e da metade, polo menos, dos seus membros. En segunda convocatoria, que se celebrará media hora máis tarde, constituirase válidamente coa presencia do Presidente e o Secretario, ou dos seus respectivos substitutos, e de outros 9 membros da Xunta de Titulación.

 

Aprobada pola Xunta de Escola da EEI na reunión do 20 de decembro de 2013.