Preguntas Frecuentes

Información Xeral

¿Onde podo consultar a convocatoria de Matrícula?

A convocatoria de matrícula publícase cada curso académico na páxina web da Universidade de Vigo, nela están explicados os distintos procesos da mesma (anulacións, prazos, modificacións…). Nas secretarías dos centros aclararán as dúbidas que se poidan producir na súa interpretación.

Estudantes de Novo Ingreso

¿Cómo podo acceder a unha titulación de grao con límite de prazas?

As condicións de acceso ás ensinanzas oficiais de grao e os prazos de preinscrición para titulacións con límite de prazas establécense na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)

¿Cómo teño que facer a solicitude de preinscrición?

A solicitude de preinscrición pode facerse a través dos procedementos telemáticos establecidos ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD da Universidade de Vigo .

LERD 5 Campus de Vigo (SIOPE)

Edificio Miralles. Campus Universitario-Lagoas-Marcosende (36310 Vigo).

Tel.: 986.813.630/986.813.755. Fax.:986.813.639. siope@uvigo.es.

LERD 6 Campus de Ourense

Unidade Administativa (Área de Servizos á Comunidade. Campus As Lagoas (32004 Ourense).

Tel.: 988.387.102. Fax.: 988.387.165.

siope-ou@uvigo.es.

LERD 7 Campus de Pontevedra

E.U. de Enxeñaría Técnica Forestal. Área de Servizos á Comunidade. Campus A Xunqueira (36.005 Pontevedra).

Tel.: 986.801.949. Fax.: 986.802.060.

siope-po@uvigo.es.

Cando foi admitida a miña solicitude de preinscrición, ¿qué debo facer?

Debes matricularte no prazo correspondente a través da web de matrícula

Estudantes de Plans a Extinguir

Os estudantes qeu non desexen adaptarse, ¿poderán continuar os seus estudos no antigo plan?

Si. Poderán continuar cursando o mesmo plan de estudos porque os plans de estudos se extinguirán curso por curso. En todo caso, deberán finalizar antes do 30 de setembro de 2015, data na que se considerarán extinguidos todos os plans de estudos anteriores ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Os títulos oficiais e homologados que se obteñan terán plena validez oficial.

Quen desexe adaptarse dunha titulación a extinguir ao grao que a substitúe, deberá facer previamente á matrícula e, neste mesmo prazo, solicitar o recoñecemento de créditos a través da secretaría virtual nos prazos establecidos para tal fin.

Ano Cursos de Grao implantados Cursos de Grao implantados
2010-2011 2º – 3º
2011-2012 1º – 2º
2012-2013 1º -2º -3º Exames sen docencia 1º-2º-3º
2013-2014 Grao completo Exames sen docencia 2º-3º
2014-2015 Grao completo Exames sen docencia 3º

¿Cando podo obter o título?

Os estudantes do plan a extinguir teñen que estar matriculados de todas as materias que lle falten para rematar os seus estudos para poder solicitar a asignación do proxecto de fin de carreira (título, director e obxectivos do mesmo). Unha vez superados todos os créditos necesarios, poderán matricularse e presentar o seu proxecto para que sexa cualificado e, posteriormente, solicitar o Título.

En previsión de que se poida cumprir o prazo de finalización de estudos a 30 de setembro do 2015, o estudante deberá presentar o proxecto coa antelación suficiente, xa que se a demanda de estudantes que estean na súa mesma situación fose moi grande podería impedir o cumprimento do devandito prazo.

SENDO ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO, COMO PODO ACCEDER AO GRAO SE NON REMATEI OS MEUS ESTUDOS DE ENXEÑARÍA TÉCNICA

Cada unha das titulacións de Enxeñaría Técnica Industrial da Universidade de Vigo foi transformada no seu título de Grao equivalente:

Ano Cursos de Grao implantados
Enxeñaría Técnica Industrial Especialidade Mecánica Grao en Enxeñaría Mecánica
Enxeñaría Técnica Industrial Especialidade Electricidade Grao en Enxeñaría Eléctrica
Enxeñaría Técnica Industrial Especialidade Electrónica Industrial Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Enxeñaría Técnica Industrial Especialidade Química Industrial Grao en Enxeñaría en Química Industrial

Quen desexe adaptarse dunha titulación a extinguir ao grao que a substitúe, deberá facer previamente á matrícula e, neste mesmo prazo, solicitar o recoñecemento de créditos a través da secretaría virtual nos prazos establecidos para tal fin.

Estudantes Titulados

Se teño a titulación de Enxeñería Técnica, ¿podo realizar o Curso de Adaptación ao Grao (Curso Ponte)?

Si. Para poder realizar o curso de adaptación ao grao en titulacións con límite de prazas, o estudante deberá solicitar previamente a admisión na titulación á que poida acceder. Constituirase unha comisión de valoración e no caso de que existan máis solicitudes que prazas ponderarase segundo a nota media do expediente.

¿Cantos créditos deberei cursar?

Os créditos que deberán cursar os titulados nas EnxeñaríasTécnicas son 60, neles inclúese o traballo de Fin de Grao. Unha vez formalizada a matrícula, poderán ser obxecto de recoñecemento ata un máximo de 18 créditos por experiencia profesional e laboral, adquirida con carácter previo aos estudos oficiais. Deberá ser ampla e estar relacionada coas competencias inherentes ao título, non se computará se é inferior a 5 anos.