Renuncia á avaliación continua segunda edición 2022/23

Está publicada a resolución provisional á renuncia á avaliación continua.

Esta resolución corresponde ao prazo adicional para solicitar renuncia á avaliación continua para aqueles alumnos/as que non renunciasen previamente na primeira edición de exames, e engádese a estas, cuxas resolucións están dispoñibles nas seguintes ligazóns:
1c) https://eei.uvigo.es/wp-content/uploads/2022/10/Renuncia-aval-continua-1C-22-23-definitiva-v1.pdf
2c) https://eei.uvigo.es/wp-content/uploads/2023/02/Renuncia-aval-continua-2C-22-23-definitiva_v1.pdf

O prazo de reclamación é de tres días a partir da publicación desta resolución provisional.

De detectar algún erro, debedes contactar por email a eei.secretario@uvigo.es o antes posible.

Para aquelas solicitudes recibidas fóra deste prazo non se concederá a renuncia de forma automática senón que se analizarán co profesorado coordinador das materias implicadas para tomar unha decisión ao respecto e, en calquera caso, débese solicitar cunha semana de antelación á data do exame para a correcta organización das probas.